Publicado por: MontePituco | 04/02/2014

QUE FAN OS PRO-POLÍGONO NUNHA ASAMBLEA DE ANOVA?

Xuntanza de Anova-Marín na Casa de Montes de San Xulián

Como carecen de argumentos máis aló de catro frases feitas que valen tanto para un roto como para un descosido, non se atreveron a dar a cara ante os representantes de Anova-Marín na xuntanza organizada na Casa de Montes de San Xulián, no marco da rolda de visitas deste grupo político ás parroquias marinenses para coñecer as principais demandas veciñais. Por iso enviaron a un kamikaze, un satélite programado para poñer a orella e logo retransmitir malamente o contido da reunión, un vasalo co discurso medio aprendido para chegar, sentarse, abrir a boca e ornear: que hai do meu libro? ou dito doutro xeito, que hai do polígono no Pituco?

Porque para este kamikaze-satélite-vasalo o que xustifica  a construcción dun polígono no Pituco é que o porto está saturado, que o os recheos perxudicaron a ría e que había que coidar da natureza. Así, como len. Se non tivese diante a este parroquiano tan surrealista  e non soubera de que pé coxea, xuraríalles que podería estar escoitando a un veciño da Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres ou a un ecoloxista da mesmísima APDR… Teñen semellante cacao que xa non se sabe por donde saír. E dende logo, o kamikaze-satélite-vasalo non sabe onde ten a man dereita. Na liña dos pro-polígono en xeral.

Anova-Marín replicou que existen moitos metros cadrados de chan industrial baleiro no contorno de Pontevedra e que, en calquera caso, o Monte Pituco era un lugar bastante desaconsellable para instalar un parque empresarial, empezando pola forte pendente do terreo que encarecería as obras e o valor das parcelas ata extremos inviables dende o punto de vista económico, sen considerar sequera outros motivos a nivel medioambiental, urbanístico ou patrimonial.

Pero as verdades son incómodas, sobre todo cando non se saben rebater. Así que o parroquiano kamikaze-satélite-vasalo non tardou en erguerse e marchar por onde viñera porque a súa misión rematara. Nunca un intento de rebentar unha xuntanza foi tan efémero. E tan inútil. E tan patético.

Anova-Marín recolleu varias peticións: puntos de luz en pistas, medidas de seguridade vial no contorno do colexio Viñas Blancas ou a dotación de contenedores de plástico e vidro, entre outras. Tamén anotaron a proposta de instar o Concello de Marín a apoiar o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que xa conta co apoio dos concellos de Pontevedra e Vilaboa, e a demandarlle medidas para que se poñan en valor os xacementos arqueolóxicos catalogados do Monte Pituco.


Deixar un comentario

Categorías