Publicado por: MontePituco | 17/01/2014

17 DE XANEIRO, SANTO ANTÓN LACOEIRO

Fauna do Monte Pornedo.

Santo Antón Abade, patrono dos animais, foi un eremita exipcio que viviu no deserto entre os séculos III-IV, superando sucesivas tentacións do demo. En Occidente, a devoción pola súa figura remóntase ao século XI e foi a partir do século XIV cando se lle representa cun porco.

Na web Galiciaencantada, Antonio Reigosa conta a historia do porco de Santo Antón:

“Unha das fontes de provisión destes frades foi procurar licencias para que os porcos dos frades, identificados cunha campaíña pendurada do pescozo, puidesen manterse libremente, tanto nas cidades coma nos arredores. A tradición de manter porcos entre a veciñanza para poxalos e co recadado atender gastos derivados de festas e obras comunais continuou en moitos lugares de Europa, coma en Espasante (Ortigueira), onde no s. XIX comezaron a criar para logo rifar un porco co que atender os gastos da edificación dunha capela dedicada ao santo patrón dos animais”.

Seguro que os bechiños do Pornedo tamén han contar coa protección de Santo Antón. As aves rapaces, os cabalos ceibes, os coellos e os insectos, a saramaganta rabilonga…

Para eles, este fragmento do Libro del buen amor, do Arcipreste de Hitas. Para que o formigón e o asfalto se arreden do seu habitat, e o Monte Pornedo poida conservarse sen fumes, sen ruídos, sen naves e sen vehículos que alteren a beleza deste Espazo Natural.

Sus fijos et su compaña, Dios padre espiritual,

de çeguedat atamaña guarde et de coyta tal:

sus ganados et su cabaña Santo Antón guarde de mal.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: