La piqueta pasa factura a la costa sanxenxina
“La presidenta del colectivo Ecoloxistas do Salnés, Marta Lois, mostró ayer su conformidad con que Sanxenxo esté entre los lugares que más deterioran sus costas. “Non me extraña, pero é moi triste. Abandeiraron este tipo de urbanismo de destrucción das paisaxes en Galicia e presumen diso”.
Os defensores do proxecto de instalación dun polígono industrial no Monte Pituco sinxelamente perderon a chaveta. Temos case en fronte, no solo urbanizable da Granxa, en Dorrón, unha agresión clarísima contra o territorio e a paisaxe, e precisamente Marín vai camiño de “copiar” os defectos alleos en vez de apostar por aplicar políticias urbanísticas virtuosas, racionais e de respecto co medio ambiente.
Fachada marítima de Marín.

Mapa de aptitude ambiental e de intervisibilidade (fraxilidade visual) do polígono previsto no PXOM.
Como se observa no gráfico, a superficie delimitada polo polígono está coloreada maioritariamente de color marrón escuro. Canto máis escura é a cor, máis baixa é a aptitude ambiental, é dicir, menos idóneo é este terreo para a construcción dun parque industrial.
No apartado de intervisibilidade acontece ao contrario. Canto máis alta é a intervisibilidade, é dicir, canto maior é a fraxilidade visual, a cor é máis clara, tal e como ocorre no caso do Monte Pituco, afectado polo polígono. Isto significa que, en caso de construirse un parque empresarial nesa zona, o impacto paisaxístico será peor.

Mapa de intervisibilidade da área loxística Marín-Pontevedra incluida no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.
…Que foi daquela campaña institucional nos medios de comunicación en defensa da paisaxe?
“Porque a nosa PAISAXE, as nosas casas, as nosas rúas e negocios son o reflexo do noso futuro”.
Moito ruído e poucas noces. Moita propaganda e poucos feitos.






Deixar un comentario