Tres peregrinos veñen
tras dunha estrela;
dúrmete, neno meu,
se queres vela.
Tres mariñeiros veñen
tras dun luceiro;
dúrmete, neno meu,
se queres velo.
Dúrmete, neno meu,
meu neno, dúrmete;
tras dunha estrela veñen
polo deserto tres reis.
Publicado por: MontePituco | 05/01/2013
NOITE DE REIS NO MONTE PITUCO
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Pensamentos




Carainas!
Esta sí que é a verdadeira “princesa del pueblo”
Ten mais mérito ca outras, e unha cara mais bonita, sin dúbida.
By: pasaba por aquí on 06/01/2013
at 20:32
Dende logo, a calquera familia de ben encheríalle de “orgullo & satisfacción” contar con ela na Corte/corte. Logo hai outra especie de “ovella” que acostuma pasarse polo salón de plenos unha vez ao mes para rumiar a mesma herba un pleno tras doutro: “ovis cansinus” é o nome científico.
By: MontePituco on 07/01/2013
at 20:40