Publicado por: MontePituco | 06/12/2012

NOVO ROTEIRO CONTRA O PARQUE EÓLICO

roteiro contra parqueólico_dec12


Respostas

  1. pasaba por aquí's avatar

    Vivir para ver!
    Nos últimos días o maior debate político en Marín está sendo a poda das árbores da alameda, que se van dar mais ou menos sombra no verán.
    Fran Veiga e Pilar Blanco amosan a súa calidade política concienciando á poboación de tanto desatino. A concelleira de medioambiente deféndese manifestando que de aquí a xullo a sombra está garantizada.

    De Pedras Negras nin palabra.

    • MontePituco's avatar

      Moitas grazas por esa reflexión tan lúcida. Contra o que se soe dicir de que “temos o que merecemos”, hai que comezar a cambiar ‘de chip’ e non resignarse, porque NON MERECEMOS os representantes políticos que nos toca sufrir, enleados en debates de fume e chiquilladas baratas, mentres o que se cociña ao noso redor pinta tan mal.
      No Concello de Moaña non se fala doutra cousa, non en van é a parte máis perxudicada. Pero no ámbito xeográfico de Marín son 4 muíños os que pretenden instalar, unha cantidade que non é “pataca menuda” nin moito menos, parafraseando a Caneda.
      Vergoña lles tiña que dar aos políticos desta esquerda local de pacotilla -da dereita xa excusamos falar-. Pero que se pode esperar precisamente dos que condearon de por vida a fachada marítima de Marín a lucir semellante desfeita ambiental e paisaxística co proxecto de construcción dun polígono no Pornedo. É a herdanza que deixa, coa súa beizón e consentimento, esta fauna de paifocos especuladores: naves industriais e aeroxeneradores nun monte catalogado como Espazo Natural Protexido. E non pasa nada!?


Deixar un comentario

Categorías