Publicado por: MontePituco | 09/10/2012

NA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE SAN MIGUEL DE OLEIROS, SILLEDA

Algo máis de medio cento de persoas acudiron á convocatoria da Asociación de Veciños de San Miguel de Oleiros, unha parroquia de Silleda que conta cun interesante patrimonio arqueolóxico que se intenta poñer en valor a través dun proxecto que opta aos fondos da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Trátase dunha iniciativa moi semellante, no tipo de elementos que a conforman e nos obxectivos que persegue, ao proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños entre os concellos de Marín, Pontevedra e Vilaboa.

Se hai quen -por ignorancia, terquedade, estreitez de miras ou intereses perversos- poña en dúbida a rendibilidade deste tipo de propostas, que lle pregunte aos responsables do establecemento hosteleiro dende o que partiu a andaina: quen máis, quen menos, consumiu un almorzo consistente antes de iniciar o paseo; ou mercou unha botella de auga para o camiño; ou mesmo quedou a xantar alí tralo percorrido. Este tipo de actividades relacionadas co turismo cultural e de natureza son unha fonte de desenvolvemento económico, de promoción da imaxe do Concello e redundan positivamente no mantemento dun medio rural vivo e conectado coa sociedade.

A primeira etapa do roteiro, guiado polo arqueólogo Israel Picón, levounos ata os petroglifos de Pena Longa, na parroquia limítrofe de Cortegada: a pesar de que recentemente a zona foi pasto das lapas nun incendio forestal, aínda se conservan os gravados rupestres realizados na Idade do Bronce polos antigos poboadores da zona, no interior dunha pía natural.

Dentro do malo, ao arder a vexetación quedaron ao descuberto outros vestixios arqueolóxicos que poderán enriquecer o catálogo de Bens de Interese Cultural.

Cruzando a estrada, enfilamos cara ao alto dun monte, onde se atopa o castro Montaz que, xunto co castro das Orelas, son dous poboados castrexos dos que quedan restos de cerámica e muros de pedra.

Nos anos 80, o arqueólogo Xulio Carballo realizou catas no terreo que desvelaron a existencia de fragmentos de ánfora, tégula e cerámica de fundición neste asentamento da Idade do Ferro que probablemente foi abandoado coincidindo coa chegada dos romanos. Dende a croa, a parte superior do castro, obsérvase o antecastro, o que o converte non só no máis elevado da zona, senón acaso tamén no de máis extensión territorial, con aproximadamente unha hectárea.

A abundancia de pedra neste monte fixo que se convertera na canteira natural dos habitantes de Oleiros para a construcción de vivendas e edificacións ao longo do último século, polo que puideron desaparecer moitos elementos pertencentes ao castro. Aínda así, a pesar das probables alteracións, subsistiron estruturas e mesmo petroglifos. A panorámica espectacular dende castro Montaz permite divisar unha ampla extensión desta bisbarra do Deza.

Outro elemento de moito interese é o xacemento de Chao de Petos, na parroquia limítrofe de Laro: unha laxe horizontal situada a ras do chan na que se acumulan moitas figuras circulares e motivos propios desta zona, con forma de escaleiras e cadrados. A profusión de elementos representados deu pé a unha interesante tormenta colectiva de ideas entre os participantes no roteiro, sobre a posible explicación deste magnífico panel rupestre.

Israel Picón organizou unha interesante actividade práctica na que participaron adultos e nenos: o calco do gravado rupestre nunha tira de papel continuo, a base de frotar papel entintado. Trátase dunha práctica inocua para o petroglifo, explicou o arqueólogo, e que permite obter unha especie de radiografía da superficie pétrea.

E por último, tamén en Laro, os petroglifos da Pena das Cazolas, nun lugar de difícil acceso pola abundante vexetación. Neste caso, volven repetirse as liñas circulares, cadrangulares e escaleiriformes, constituindo un conxunto de petroglifos que, ao igual que os anteriores, tamén son de gran beleza.

Só falta, daquela, que os propietarios das parcelas onde se atopan este elementos tomen conciencia de que non poden seguir “agochados” entre a maleza, onde ninguén os poida admirar, onde poidan sufrir unha agresión indiscriminada como a que cometeu alguén que furou un dos gravados cunha broca, ou arrasados polo lume. Cunha sinxela cesión do uso dos terreos para este fin divulgativo, que permitiría a limpeza dos sendeiros e a sinalización dos puntos de interese, non só non perderían nada, senón que gañaría toda a veciñanza.

Ogallá tanto a área arqueolóxica de San Miguel de Oleiros como o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños teñan sorte na súa materialización. Por méritos propios, por demanda social e por sentido común.

FARODEVIGO

Oleiros disfruta de su historia pétrea

60 personas participan en la visita a los restos arqueológicos de la parroquia y su entorno

En torno a la primavera de 2013 la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dará a conocer si dota de una aportación económica al proyecto de puesto en valor del área arqueológica de Oleiros, en Silleda. La asociación vecinal de la parroquia y el departamento local de Cultura e Turismo presentaron un proyecto de puesta en valor que incluye el desbroce de la maleza que cubre a parte de estos restos, así como su señalización.

SALOMÉ SOUTELO – SILLEDA Mientras vecinos y gobierno esperan la respuesta de Agader para que los restos prehistóricos de Oleiros puedan volver a lucir en todo su esplendor posible, 65 personas se desplazaron ayer a esta parroquia silledense para participar en una visita guiada por el arqueólogo Israel Picón. Entre la comitiva figuraban, además de lugareños, visitantes llegados de A Coruña, Poio o Marín, que se apuntaron al evento tras enterarse del mismo a través de las redes sociales.

Lo que más les sorprendió a todos fue la cantidad de petroglifos de la zona. Oleiros cuenta con 11 ejemplos catalogados de estos diseños grabados sobre roca, en los que los dibujos más comunes son los de carácter simbólico como cazoletas y laberintos, según explica Picón. Estas creaciones son similares a petroglifos de parroquias aledañas, como el de Penalonga (en Cortegada) o el de Pena das Cazolas (en Laro), a los que también se desplazó la comitiva.

La excursión, de 7 kilómetros y con una duración superior a las 3 horas, permitió ver solo el 50% de los restos con que cuenta Oleiros, de ahí la importancia de esta parroquia como reserva de la prehistoria de la comarca y también de la urgencia con que debe preservarse. Los daños que sufrieron los petroglifos se deben a cuestiones como la proximidad de labores de extracción de granitos -como ocurre con el Castro Montaz-, los incendios forestales (la intensidad de los fuegos rompe las estructuras de las piedras) o las labores agrícolas.

La excursión de ayer podría volver a realizarse, dada la alta capacidad de convocatoria. Sirvió, más que nada, para comenzar la puesta en valor de la zona, que se verá reforzada si finalmente Agader subvenciona el proyecto de limpieza y señalización de la docena de petroglifos y las dos mámoas que atesora Oleiros. De los desbroces se encargarían las brigadas municipales, para evitar así nuevos daños del fuego y permitir el estudio de estos grabados en mayor profundidad. Aquí el proyecto tiene que enfrentarse a otra traba: La reserva de algunos propietarios de fincas a la hora de permitir dicho desbroce.

El arqueólogo Israel Picón guio a 65 senderistas de varios puntos de Galicia por la ruta de Oleiros

Un total de 65 personas realizaron ayer una ruta por el área arqueológica de Oleiros, en el municipio de Silleda. Los excursionistas fueron guiados por el arqueólogo silledense Israel Picón que les descubrió la riqueza y de esta zona, una de las de Galicia donde se concentra un mayor número de elementos patrimoniales.

El recorrido, que inicialmente iba a ser de cinco kilómetros, se prolongó dos kilómetros más a fin de incluir en la ruta la visita a un petroglifo más, de especial interés. Alrededor de un 60 % de los participantes procedía de distintos puntos de la comarca de Deza y a esos se sumaron otros senderistas de distintos puntos de Galicia. Entre otros de Santiago, Marín, A Coruña o Pontevedra.

La iniciativa fue organizada por la asociación de vecinos San Miguel de Oleiros y la concejalía de Cultura del Concello de Silleda. Los caminantes visitaron el Castro Montaz y el Castro das Orelas, además de más de una docena de petroglifos y dos mámoas. 35 participantes se quedaron después a comer.

El presidente de la asociación de vecinos, Diego Iglesias, destacó el éxito de la iniciativa y la intención de la agrupación de realizar alguna otra ruta.


Responses

  1. Quería correxir que o xacemento de Chao de Petos e a Pena das Cazolas non se atopan en Oleiros, como aquí ben di, senón que se atopan no monte de Forcas (Laro).
    Perdón polas molestias. Un saúdo.

    • Ola Sonia, non é ningunha molestia, ao contrario, grazas pola visita ao blogue e polo comentario. Participamos nesta andaina hai un par de anos. A priori, a organización comentou que a zona que se ía percorrer estaba na parroquia de Oleiros. Ao ser limítrofe con Laro, tal vez non se precisou ese dato; ou se o comentaron os guías, non nos enteramos, porque foi unha ruta moi concorrida.
      De todos modos, na web do Concello de Silleda o xacemento de Chao de Petos sitúase na parroquia de Oleiros: http://www.turismosilleda.es/parroquias_silleda.php?id=20
      O de Pena das Cazolas, efectivamente, a web municipal xa o sitúa en Laro: http://www.turismosilleda.es/parroquias_silleda.php?id=14
      Faremos a corrección en base ao teu apuntamento. Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: