Publicado por: MontePituco | 08/05/2012

AS BEIRARRÚAS DE SAN XULIÁN TOMAN FORMA

“Las aceras de San Xulián empiezan, tras años de espera, a coger forma con la colocación de las primeras baldosas en el primer tramo. Muros de contención y cierres siguen en construcción”.

(Diario de Pontevedra, por Ángeles Pazos).


Respostas

  1. ESTHER's avatar

    Esta pregunta fixoa unha veciña de san xulian e puxoa no facebook do concello e no de MARIA RAMALLO e a verda que ten toda a razon. Espero que se poida solucionar.

    “Quería preguntar cómo pode ser que unhas veirarrúas de nova construcción (as de San Xulián) poden ter barreiras arquitectónicas e asi vulnerar a normativa de accesibilidade para persoas con discapacidade.

    Se visitan as obras podrán observar que entre tramo e tramo de acera non existe unha rampa de baixada/subida, directamente as persoas que viaxen en cadeira de rodas teñen que facer malavares.

    A Ley 49/2007, no seu artículo 2 establece que se considerará unha infracción administrativa a vulneración do dereito de igualdad de oportunidades, non descriminacion E ACCESIBILIDADE,..

    O Decreto 35/2000, de 28 de enero, polo que se aproba o Reglamen de desarrollo e execución da Ley de accesibilidad e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia tamén regula esta cuestión

    Penso que ó deber do goberno municipal é exixir que nestas veirarrúas se retiren as barreiras arquitectónicas e así tódolos veciños provistos de cadeira de roas, que son varios, poidan pasear polas rúas de San Xulián sen ter que facer perigrar o seu paseo.

    Un saúdo.”

    • MontePituco's avatar

      Moitas grazas por compartir aquí a crítica desta veciña. Comprobaremos se, efectivamente, se está descoidando ese aspecto tan importante a respecto das barreiras arquitectónicas. A veciña en cuestión debería formalizar a protesta presentando un escrito no Rexistro Municipal. Tal vez a Asociación de Veciños podería interesarse pola evolución das obras e solicitar que se teña en conta o cumprimento da normativa en materia de accesibilidade. Saúdos, Esther.

  2. […] unha lectora do blog DEFENDE O MONTE PITUCO deixou un comentario nun artigo que titulamos “As beirarrúas de San Xulián toman forma“. Referíase á mensaxe que unha veciña de Marín lle transmitiu ao Concello de Marín e á […]


Deixar un comentario

Categorías