Publicado por: MontePituco | 30/03/2012

ANA PASTOR RECIBE UN DOSSIER DO MONTE PORNEDO

Hai unha semana a ministra de Fomento, Ana Pastor, facía a súa primeira visita oficial a Pontevedra -tanto á Deputación Provincial como ao Concello- dende o seu nomeamento. Entre os asuntos que tratou tanto con Rafael Louzán e os alcaldes do PP na bisbarra, como con Miguel Fernández Lores e os voceiros municipais, estivo o proxecto de creación dunha plataforma loxística asociada ao porto de Marín.

O alcalde de Pontevedra referíase á idea nestes termos:

Falamos un pouco por riba da necesidade do porto de Marín de ter unha alternativa de porto seco ou plataforma loxística que nos dea solucíón aos problemas do porto e teña visión de futuro de cara a que o porto de Marín teña cada vez máis peso no transporte de mercadorías. Aí intervén tamén o conselleiro, a ministra tamén ten algunha relación como responsable do Ministerio de Fomento e de Portos do Estado. Eso está un pouco verde, pero en todo caso nós transmitímoslle a necesidade e en todo caso a aposta de Pontevedra pola alternativa en Leborei que nos parece a máis axeitada para dar solución a ese tema tanto para o porto de Marín como para o de Vilagarcía.

Pola súa parte, Ana Pastor ofrecía máis explicacións sobre a iniciativa:

La plataforma logística es muy importante. Nosotros en las Redes Transeuropeas hemos incluido la plataforma de Pontevedra, que no estaba incluida en la red global, porque entendemos que Pontevedra y su área de influencia especialmente porque tiene un puerto que se quiere potenciar logicamente, es muy importante que haya una plataforma. Tendrá que haber acuerdo entre las Administraciones porque es la Xunta de Galicia quien va planificando, pero las otras Administraciones tenemos que colaborar. Que sea una plataforma nodal europea significa que podrá haber financiación en su momento, financiación europea que no llega para todo ni muchísimo menos, pero que esté en el mapa, si se me permite, que Pontevedra en este aspecto esté colocada en el mapa.

Ante a falta de concreción, de prazos e orzamentos, Fernández Lores volvía valorar ao día seguinte as palabras da ministra de Fomento:

A plataforma loxística que está metida aí é para o 2050. É dicir, que temos unha plataforma loxística metida nun mapa da unión Europea para cuando esteamos todos mortos. Xusto para cando se acabe de pagar a autoestrada, daquela os que estamos en política activa… De verdade que son brindes ao sol.

Independentemente de brindes ao sol, croquis ou quimeras, DEFENDE O MONTE PITUCO tivo a valiosa oportunidade de entregarlle a Ana Pastor un pequeno dossier expoñendo cando menos 10 motivos para rexeitar a instalación dunha plataforma loxística no ámbito do Monte Pornedo, tal e como contempla a Xunta no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Aínda que non sexa da súa competencia a ubicación desta infraestrutura complementaria ao porto de Marín, non dubidamos da influencia da ministra de Fomento -tanto pola súa relación coa alcaldesa de Marín, como co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e máis aínda co presidente da Autoridade Portuaria de Marín- para que se desbote definitivamente o Monte Pornedo, atendendo a razóns incuestionables: a orografía escarpada da zona, o impacto paisaxístico, a afección aos bens patrimoniais e naturais. Agardamos de Ana Pastor a sensibilidade e o sentido común para que non se acabe levando a cabo unha obra que destruiría de forma irreversible a fachada da ría de Pontevedra.


Responses

  1. […] ANA PASTOR RECIBE UN DOSSIER DO MONTE PORNEDO Like this:LikeBe the first to like this . […]

  2. Non esquezades que Ana Pastor promoveu a construcción da rotonda de Mollavao e amelloramento da autovía que vai polo mar e que habería que levantar pra favorece-lo tránsito ó espacio da Autoridade Potuaria que xestiona o seu home…. Eso non sei como se chama. Pro algo cheira a podre en todo este tema.

    • Certamente, Xesús. Ana Pastor non é allea a nada do que se coce na Autoridade Portuaria. O dossier que se lle entregou hai tempo foi un toque de atención para que saiba que Defende o Pituco non está para nada a favor do destrozo do monte que promove o PP -precedido por outros partidos, Psoe e Bng- a través do Concello de Marín e da Xunta en relación ao proxecto de instalación dun polígono industrial neste Espazo Natural que queremos que se conserve e mesmo se mellore dende o punto de vista ambiental e patrimonial. Non deixaremos da facer barullo mentres teñamos folgos. Saúdos.


Deixa unha resposta a SOBRE O DOSSIER PARA ANA PASTOR, NO DIARIO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: