Publicado por: MontePituco | 20/07/2011

29 DE XULLO, HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

Desolado pola noite, desolado por o día.

Desolado co vento e co aire que con el vinha.

No Outeiro grande soa forte,

nunha manhán moi fría.

O amigo enfrentouse a El sabedor que perdía.

Foise a noite, foise o amigo, veu o día.

O mar… o mar cando fala non avisa.

(Xan Montenegro)

Versos, reflexións, palabras. Músicas, imaxes, recordos… Xosé Vilas e Marinenses Independentes, xunto con outros colectivos sociais e persoas a título individual, están organizando unha fermosa homenaxe a Xan Montenegro, coa colaboración da súa familia. Vai ser un acto precioso, polo esforzo e o agarimo que se está poñendo na súa preparación, con numerosas intervencións. O VENRES 29 DE XULLO, A PARTIR DAS 20:30 HORAS, NA GRANXA DE BRIZ. Algúns visitaremos este espazo aínda por primeira vez. Nós temos o noso monte, un monte que tamén é o de Xan, polo que tanto mirou e se preocupou; tan bonito ou máis, aínda que menos coidado pola desidia de quen debera velar pola súa conservación e polo comportamento incivilizado dalgúns visitantes asilvestrados. Pero por Xan, o que faga falta, en Briz, no Pornedo, ou na mesma lúa.


Respostas

  1. Será bonito porque está organizado co cariño de moitísima xente.
    A atmósfera vai estar cargada de boas vibracións

  2. Pois ten toda a traza de ser unha xuntanza moi entrañable na que imos ter o orgullo de participar coa nosa modesta achega. Dito sexa de paso, parabéns aos veciñ@s da Brea pola “homenaxe” que supón esa retrospectiva gráfica da vosa causa. A Casa da Cultura de Seixo é unha arca de lembranzas tamén nestes días.

  3. Neste momento escoito e vexo dende a miña casa a homenaxe a Xan Montenegro, merecida sen nengún tipo de dúbida, moi emotiva e chea de vos amig@s de Xan, mirando esta homenaxe sígome preguntando… por qué a xente boa sempre se ten que ir tan pronto…

    • Foi un acto moi fermoso, Gelis. Lemos un texto poético adicado a Xan e levamos, como símbolo da presenza do monte nesa homenaxe, unha plantiña de carballo nunha maceta. Moi ben organizado, cunha participación moi plural, sinxelo e emocionante. Imos facer agora mesmiño un resume no blog para compartilo con quen non tivo ocasión de asistir. Grazas pola túa mensaxe. Xan estaría moi ledo de ler as túas palabras.

  4. Grazas a bos por homenaxes tan bonitas, dende logo que escoitei voso texto, encantoume, como ben dis foi sinxelo e emocionante e a xente participou o que demostra o ben querido que era Xan. Eu non o coñecia persoalmente, pero si de velo pasar polas calles do noso Marín e dende logo non tendes que agradecer as miñas palabras, saen do corazón, e supoño que Xan esté, donde esté agradecera todo o agarimo que Marín demostroulle hoxe.


Deixa unha resposta a Gelis Cancelar a resposta

Categorías