22 de maio: Día Mundial da Biodiversidade.
O Monte Pornedo ofréceche todo isto… E moito máis!
Vén descubrilo. Aprecialo. Respectalo. Non participes da súa destrucción.
…POLÍGONO NON!






“O lugar sagrado
e se algún día a sombra toma posesión dos territorios de dentro
e o reino enteiro comeza a derrumbarse en mil anacos de ruína
ha ser ela quen regrese a casa coa calor de pan e o cariño todo
coa brasa da fe prendida dos dedos e coa memoria miúda do amor
que irá recollendo polo mundo adiante no corazón das xentes
e ha ser ela quen prenda de novo o lume sagrado do oco da cova
a lareira onde arda o medo lobo que vén de tan lonxe e de tan vello
e ha ser ela quen recobre a luz esplendorosa do bosque de laranxas
a luz do sol que aínda segue a iluminar todas as hortas de onda o río
todos os lugares que cruzan as nubes no país que se leva por dentro”.
Carlos Negro, de “As laranxas de Alí Babá”.



Deixar un comentario