De monte a monte… Dous anos tardou o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca en realizar o documental “Monte do Seixo: a montaña máxica“, pero pagou a pena o esforzo. Cun elaborado guión audiovisual e cunha montaxe de gran nivel técnico, o resultado deste traballo amosa o testemuño dos veciños da zona, recreacións de lendas populares tanto de forma teatralizada, como con debuxos artísticos e animacións con figuras de plastilina. Tamén dá conta da afección que produciu a instalación dun parque eólico nos xacementos arqueolóxicos e no impacto paisaxístico tanto dos muiños como das pistas que trazaron as máquinas pola xeografía do lugar. Aínda así, cómpre achegarse ao Monte do Seixo para gozar das súas vistas, da enerxía que desprenden as súas impoñentes pedras.
O documental poderase ver novamente o próximo 7 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra. Xa a semana pasada se proxectou nas xornadas audiovisuais que está organizando ao longo deste mes a Asociación Cultural Almuinha. O próximo venres, a partir das 20:30 horas, proxectarase un adianto do documental que se está producindo sobre o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Contamos coa vosa asistencia!
[…] artigo titulado: A MAXIA DO MONTE DO SEIXO, de outubro de 2010). Like this:LikeBe the first to like this […]
By: O MONTE DO SEIXO, 10 ANOS DESPOIS « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 17/08/2011
at 20:05