Publicado por: MontePituco | 14/10/2010

REUNIÓN: CONTAMOS CONTIGO

LIGAZÓN A GOOGLE MAPS para localizar o punto da reunión.

A esta reunión están convocados veciños e veciñas, non só maiores, senón tamén xente nova, da parroquia de San Xulián, afectados directa ou indirectamente polo posible macro-polígono industrial que quere instalar o Concello de Marín no Monte Pituco (Pornedo). Tamén está aberta ás persoas sensibles co medio ambiente, preocupadas polos efectos negativos que vaia ter esa hipotética infraestrutura sobre o territorio, o abastecemento de auga, os recursos forestais ou o patrimonio arqueolóxico e cultural. Repasaremos as accións realizadas neste tempo (alegacións, asistencia a plenos, difusión vía blogue e redes sociais, contactos con colectivos afíns, escritos…) e proporemos actuacións próximas para seguir traballando a prol da conservación deste monte e da súa revalorización co proxecto de posta en marcha do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. CONTAMOS CON VÓS. MOITAS GRAZAS.

(Interesados/as en asistir ou preguntar dúbidas: montepituco@gmail.com)


Deixar un comentario

Categorías