Publicado por: MontePituco | 26/03/2010

MAÑÁ SÁBADO ÁS 20:30, A HORA DO PLANETA

BAIXA O INTERRUPTOR, PRENDE UNHA CANDEA.

Prescinde da electricidade e volta ao pasado por un momento. 60 minutos do teu tempo abondan para facerlle un gran ben a este planeta ferido que nos atura malia agredilo sen razón nen compaixón. Colabora e corre a voz. Sensibilízate e contaxia conciencia ambiental.

APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA


Responses

  1. …Pois o Concello de Marín pasou de todo! A diferenza doutros que secundaron esta iniciativa apagando o alumeado de edificios singulares, fontes ou monumentos, os gobernantes municipais non tiveron ese detalle. Que hai poucos puntos singulares en Marín, certo. Pero que menos que a Casa Consistorial… Ao contrario: os focos adosados ao chan nos xardíns que a rodean, prendidos; os apliques das paredes exteriores, acesos; no amplo recibidor, dúas ou tres lámpadas con ‘nonseicantas’ bombillas cada unha, dando luz para ninguén… Vale que a sala da Policía Local estea iluminada. Pero é que nin o campanario apagaron.
    Velaí a nula sensibilidade ambiental do Concello de Marín, a flagrante falta de solidariedade. Porque a ver se foi por ignorancia: “É que non o sabiamos, ninguén nos avisou…”, son capaces de dicir. Ata lle podían sacar partido a nivel mediático a un xesto tan sinxelo e beneficioso, pero son así de ‘negados’… De onde non hai, non se pode sacar.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: