BAIXA O INTERRUPTOR, PRENDE UNHA CANDEA.
Prescinde da electricidade e volta ao pasado por un momento. 60 minutos do teu tempo abondan para facerlle un gran ben a este planeta ferido que nos atura malia agredilo sen razón nen compaixón. Colabora e corre a voz. Sensibilízate e contaxia conciencia ambiental.
APAGA A LUZ, ACENDE O PLANETA



…Pois o Concello de Marín pasou de todo! A diferenza doutros que secundaron esta iniciativa apagando o alumeado de edificios singulares, fontes ou monumentos, os gobernantes municipais non tiveron ese detalle. Que hai poucos puntos singulares en Marín, certo. Pero que menos que a Casa Consistorial… Ao contrario: os focos adosados ao chan nos xardíns que a rodean, prendidos; os apliques das paredes exteriores, acesos; no amplo recibidor, dúas ou tres lámpadas con ‘nonseicantas’ bombillas cada unha, dando luz para ninguén… Vale que a sala da Policía Local estea iluminada. Pero é que nin o campanario apagaron.
Velaí a nula sensibilidade ambiental do Concello de Marín, a flagrante falta de solidariedade. Porque a ver se foi por ignorancia: “É que non o sabiamos, ninguén nos avisou…”, son capaces de dicir. Ata lle podían sacar partido a nivel mediático a un xesto tan sinxelo e beneficioso, pero son así de ‘negados’… De onde non hai, non se pode sacar.
By: Monte Pituco on 27/03/2010
at 22:39