
Os veciños e veciñas de San Xulián ao longo da estrada xeral entre os cruces con San Pedro e coa subida ao Lago de Castiñeiras están de estreno: xa alumean as novas farolas instaladas tralo remate da colocación da plaqueta nas beirarrúas. Esta semana pódese ver os habitantes da zona curioseando arredor deste mobiliario urbano, comentando o deseño.
Queda moi pouco para inaugurar esta agardada obra que custou case 800.000 euros. O traballo pendente é o reasfaltado do vial e o pintado da sinalización horizontal. A alcaldesa dixo estes días que a inauguración será en breve, este vindeiro mes de agosto. Pero o certo é que non hai mellor inauguración que ver a xente da parroquia transitando xa, con total seguridade e comodidade, por estas beirarrúas.
…Os tempos son chegados.




Deixar un comentario